jueves, 5 de febrero de 2015

           PASEO DA FERRADURA de Santiago 
                                 VISTA PARCIAL
A foto que presentamos hoxe de este  Paseo que tanto aman os composteláns  indica  que  falar  de esta zona de Santiago,  dice moito en favor do povo. Os carballos que se ven que son árbores
nacidos en Galicia, que naide sabe calcular o tempo que levan ahí, dan sombra en Verán durante un km. que mide este Paseo tan fermoso. Paseo para namorados, nenos, vellos e non tan vellos. Aquí se respira unha Paz que xa quixeran outros tela así. Este Paseo, hasta é bonito con chuvia. Con un paraugas completo, os mozos namorados, están aquí como peixe no mar. Eu xa fun un de eles, alá entre os anos cincoenta é sesenta... Un Paseo así che invita a facer o percorrido sin parar. Sólo é 1 km. Con bó tempo, pola tardiña se enche de nenos cos seus pais e son felices porque non corren ningún risco os críos. Hai varios Parques infantiles en esta zona que teñen moita aceptación entre os nenos. Tamén a zona se presta para que os galegos ilustres, como a nosa Rosalía figuren con dous monumentos que foron regalos dos emigrantes galegos, de América Latina. Vale a pena visitar estos monumentos. Se ve a nosa Rosalía co seu esposo Manuel Murguía con parte da súa poesía que dice... "Adiós ríos, adiós montes,
adiós regatos pequenos"... (A poesía sigue). ¡Precioso!                 Nada máis por hoxe, amigos do FAIADO. ¿Verdade que a foto é moi bonita?. Para que despóis nos digan que hai que traer as árbores do estranxeiro de fôra! Sempre se reíron de nós...

Este Paseo en Verán é moi frecuentado polo povo é  son moitos os santiagueses que pasean de madrugada... Cando o sol apreta, a xente da voltas á Ferradura, sin presa algunha...

Comentario de E. García - Santiago 


No hay comentarios:

Publicar un comentario