miércoles, 28 de enero de 2015


        Catedral de Santiago, desde a Alameda

Non sei si acerto si digo que en Compostela disfrutamos de unha Alameda que pode ser das mellores que temos en Galicia. Ocurre que había que pensar en renovar unha chea de carballos que lle dan sombra en verán ao largo de un kilómetro aproximadamente. Como ten forma de ferradura, acolléu este nome, como o máis adecuado para este caso. Este paseo sirveu en moitos anos como un paseo de namorados, dónde ninguén se libróu de esta proba. Tanto ten que foran estudiantes universitarios, como o povo llano, todos pasamos aquí, quizá, os anos máis felices das nosas vidas, sin contar xa con esa xentiña que ven facendo o Camiño é caen nas máns de Cupido contemplando esta escena tan fermosa, que eu levo vendo desde 1956. Hai xente que se pon mirando esta estampa tan única, sentados desde un banco do Paseo dos Leóns, e cando a lus se vai, éles tamén fan o mesmo.
De xóvenes, ou non tan xóvenes, por aquí pasamos todos. Tamén como paseo para nenos destaca este parque como algo que nos fai sentir orgullosos, porque sabemos valorar o que temos. Aínda que eu non sexa nativo de Compostela, ven me podían entregar un pasaporte especial. En ano e medio, cumplo 60 anos vividos en Santiago; esta é unha cantidade a ter en conta  sempre. Muller de aquí, fillos e netos que naceron baixo o signo da nosa Rosalía... Creo que non se pode pedir moito máis... Agora, este Paseo se está convertindo en una zona para vellos. Se reúnen aquí é dan voltas arredor da Ferradura, como cando eran ben novos. Cada volta, un km. que non deixa de ser unha boa señal para aquéles que levan conta por "aquélo do Paseo do Colesterol". Si vas por este Paseo te encontrarás coa figura de Ramón María del Valle Inclán autor de "Divinas Palabras". Un escritor nado en Vilanova de Arousa ¿Ou Caramiñal? Se encontra este home sentado nun banco normal, mirando hacia a nosa Catedral. Esto é reciente. Quizá 10 anos... Andando hacia adiante, temos dous monumentos dedicados á poetisa galega. Pero antes vemos o munumento de unha leiteira da aldea, que hai 50 anos percorría as rúas compostelanas  repartindo a leite, ano tras ano...
A miña pasión polo arte ten o seu sentido, porque non puden escoller mellor a cidade para vivir. A miña muller foi sempre moi feliz paseando pola Alameda de Santiago collida da mán de quén a quixo tanto. Agora, fillos e netos siguen os seus pasos. Esto tamén forma parte da nosa Historia. A Historia da Alameda de Santiago de Compostela. Aquí cheguéi; aquí me namorei. Aquí chegaron felizmente fillos e netos. Aquí botéi raíces para sempre...
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario