viernes, 30 de enero de 2015

O CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

       Seguro que moitos arousáns coñecedes este edificio que pouco lle faltará para cumplir 400 anos(?). E desde o primeiro ano, sempre estivo ahí facendo o seu papel moi dignamente. Ubicado na mesma Praza  do Obradoiro, donde se encontra, ademáis, o Hotel dos Reis Católicos, antiguo Hospital Real de Peregrinos, fundado polos Reis Católicos, en 1492. Desde o ano  que citamos ahí, sempre foi moi respetado hasta chegar ao ano 1954, que deixóu de ser Hospital Real para convertirse en un Hotel de 5 ***** estrelas... É considerado desde hai anos como un dos mellores hoteles habidos na década dos anos 1960... en España.
Enfrente do Concello se encontra a fachada principal,  tamén chamada Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago, que garda ao entrar no templo o famoso Pórtico de la Gloria, obra singular do Mestre Mateo, construído hai máis de 800 anos. Unha escultura moi coñecida pola súa calidade en toda Europa. O Camiño de Santiago axudóu a que peregrinos de canto país hai sobre a terra visitaran o Santuario compostelán dónde se gardan as reliquias do Apóstol peregrino. O mundo do arte, das letras, e das ciencias, tamén pregonan o despertar desde este lugar de oración, de cántos nos visitan ao largo do ano. O Xacobeo, está lexos...
Tódo-los anos en que a festividade do Apóstolo cae en domingo, no calendario, se considera ANO SANTO... Hai na Praza do Obradoiro un edificio que forma parte dos catro que conforman o grupo.  O primeiro ó entrar, que é Sede do Rectorado da Universidade compostelán. Un conxunto moi bonito que hai que ver alí. Todo en pedra galega, dura como o pedernal. Non o olvidar. E despóis ir pensando na Cidade da Cultura. Ten moito que ver. Está enriba do monte Gaiás, alá no alto de todo. A cidade que Fraga dibuxóu para un futuro... 
A falta de cartos pola crise destos anos, escarallóu a finalización de esta obra faraónica, digna de ver... Como non a veñades ver un día, vos pesará... ¡¡Seguro!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario