martes, 27 de enero de 2015

O BOTAFUMEIRO


   O BOTAFUMEIRO DA CATEDRAL DE SANTIAGO

Non todas as persoas de Vilagarcía, miña terra, puderon contemplar o balanceo de este incensario, que empeza a rente do chan e chega hasta a cúpula interior deste santuario tan de todo-los galegos de moita ou pouca fe. Pensar que ésta é a casa de Papas, Reis, Presidentes de governos, etc. Moi bonito... 
E digno de ver. Tampouco é necesario ser moi creiente, pero seguro que aquél que non o veu nunca, se emocionará. Axuda tamén unhas cantarelas eclesiásticas cantadas por todos os presentes, si é que coñecen o Himno ó Apóstolo Santiago...
Axudados todos das famosas chirimías que son como cornetas moi visibles que están á vista dos fieles...
Nas grandes solemnidades, hai unha orquesta filarmónica que non se ve, pero se deixan oír. Ás veces, esta orquesta non baixa de 50 músicos de gran categoría. E o conxunto de todo esto, incluíndo coros, para quen non coñeza esto, da a impresión de que nos encontramos no Ceo. Moi normal, porque todo esto, xa é obra de siglos. Os curas, sempre superon facer moi ben o seu traballo. Aquí quedóu o arte é éso, gusta moito.
O Botafumeiro sempre tivo unha finalidade que ven de siglos atrás. A súa función era a de perfumar o ambiente, porque os peregrinos, non sempre chegaron, é chegan, cheirando de un modo fino. Os aseos eran nos mil ríos que estos aventureiros encontraban por Galiza adiante, antes da chegada a cidade do Apóstolo. E cando chegan a súa meta que foi desde siglos a Praza do Obradoiro... Extenuados... Pero moi felices de haber chegado. Botan horas mirando para ésas torres que coñecen de antes de chegar. Choran de emoción, porque esto o levan moi adentro do seu peito. E non todos é por sentimentos relixiosos. Hasta hai chinos que deixan a Buda aparcado, para facer este Camiño que une a miles de persoas que se encontran en él... Vos xuro que cada persoa que ven facendo o Camiño, ás veces é por promesas adquiridas, como tantos outros. Algúns hasta terminan en Fisterra e ó chegar, suelen queimar o calzado é algunha prenda, alí dónde está o Faro máis galego que tamén ten moita historia na vida deste país noso.
Excuso decir que toda esta xente recibe un trato moi bó por parte dos nosos paisanos, das aldeas do interior... Comparten cos peregrinos algo do que teñen a mán, como frutas, un tancarolo de viño con pan... E tamén hay fotos de recordo para cando chegan aos seus destinos e felicítanse as Pascuas con moito cariño polo medio. Hasta chegan a casar aquí, en Santiago, mozos que se encontraron no Camiño é marcharon de Compostela casando na Catedral galega por excelencia... ¿Verdade que é moi bonito? Hai que procurar que todo esto non non baixe o ritmo do Camiño, porque estos mesmos son os que mellor fan a publicidade de esta bonita cidade... ¡Precioso!
Para acabar, vou decir que o Botafumeiro, cando lle votan o incienso con brasa, expande un aroma moi do gusto de cantos estamos asistindo ó culto. Pero o mellor é velo por vosos ollos. Entre a música do templo, a balanceo é o incienso queimando dentro do incensario xigante, che emocionará. Seguro. Non é necesario que seas moi creiente para sentir todo esto.
O Botafumeiro pesa 53 kg e é ten metro e medio de altura. Elévase a 20 metros e pode chegar a alcanzar unha velocidade de 70 kilómetros por hora. Debido á velocidade e o peso, pode coller unha enorme enerxía. Daquela, en épocas pasadas houbo roturas da corda. En 1499 o Botafumeiro soltouse y saiu pola Porta de Praterías, en presencia de Catalina de Aragón, que estaba de visita en Santiago. Esto repetiuse nos anos 1622 e 1937. En ninguna ocasión houbo víctimas polo desprendimento. Hoxe en día mantense despexado o cruceiro da Catedral durante o voo do Botafumeiro para que os turistas e os curiosos teñan libre soamente ata o perímetro desde o que se maniobra.
O Botafumeiro pode admirarse nas misas solemnes. O resto dos días utilízase e está exposta unha copia de tamaño algo menor ao orixinal feita en alpaca, coñecida co nome de "La alcachofa".

  

1 comentario:

  1. Vou deixar aquí un comentario moi personal. Nada máis coller moza en Santiago, esta (que era moi relixiosa) me levaba tódo-los domingos á misa da Catedral, das doce da mañán, porque a esa hora, casi ao finalizar, funcionaba o BOTAFUMEIRO é aquélo "me enganchóu" como fan os que miran os "culebróns americanos"... Tamén aproveitaba para admirar o arte que sempre tivo a Catedral galega. Nunca había oído tantas misas... Cando un está namorado ten que agradar e aceptar as reglas. Nunca me pesóu. Hasta coñecía aos curas coma calquera da cidade. É un luxo oir misa na Catedral. Pensar que todo esto que eu digo ven do ano 1956. Sempre fun moi feliz a seu lado EGG/Santiago/15

    ResponderEliminar