jueves, 29 de enero de 2015

    
  O NOSO BALNEARIO DA PRAIA DA CONCHA

Sempre habrá quen pense que apenas escribo "Cousas de meu Povo". E teño que decirlle a quén pensa así que eu, hoxendía, non coñezo o meu povo. Sólo podréi falar de cousas que vivín hai unha chea de anos, como este caso que nos ocupa hoxe, do Balneario da Praia da Concha. Este edificio de madeira, foi escola para mín, hasta que me levaron para a Escola de Don Santiago, alí onde a Igrexa nosa. A única. A Igrexa da miña calle. Alí dónde tíñamos un home dos chamados "apóstolos da medicina", como era o Doutor Don Manolo Tourón. Despóis de tantos anos, aínda hoxe o teño presente conmigo. Porque eu lle tiña esa fé que levan os enfermos no seus ollos cando van a Fátima... Nunca nos cobróu nada e con cada consulta había outros gastos añadidos para él. Vivimos casi enfrente da súa casa..., na calle de la Iglesia, hasta que marchamos para aquela calle que tiña un santo con can, sempre pegado a él. Todo moi bonito, cando todo canto esperabas, estaba por vir. Sólo unha xitana me prometéu un futuro cheo de cousas bonitas, á que non lle teño que reclamar, porque non volvín a aquéles tempos tan horrendos para todos nós. Unha vez superada esta dura etapa, as cousas que vía a xitana chegaron pouco apouco. A roda da vida rodou e rodou sempre para mellor...
...........................................................................................................
Pero non quero olvidarme do noso Balneario da Concha, porque alí tiven unha chea de amigos da infancia que hubera dado algo por volver a sentirme antre eles. Casi sempre, os amigos da infancia no hai quen compita con eles. Viñeron despóis os amigos-mociños, que tampouco naide ocupóu o seu sitio. Logo, coas mozas, xa todo cambia, porque "casi" nos sentimos homes levando ó noso lado unha mociña da beira do mar. Os primeiros amores. ¡Inolvidable todo o acontecido! Meus pais separados desde que eu andaba con chupete... 
Cargaban conmigo meus irmáns para levarme a ésa Escola da Concha. Teño que recordar que diante do Balneario; as aréas da praia chegaban á beira da carretera, medio metro máis abaixo. Chegaban como podían chegar as ondiñas do mar en mareas bravas. Por debaixo do edificio de madeira, montado en troncos verticales... Mesmo alí diante do edificio, xogábamos os máis cativos, descalzos, na aréa, e os meus amiguiños me esconderon as miñas sandalias e non fumos capaces de encontralas entre todos. Tiven que marchar descalzo para a casa, da mán dos meus irmáns. Levéi uns berros de éles e tamén do meu pai, que traballaba no Banco de La Coruña, de cobrador. Daba a impresión que o que eu había perdido antre a area, era moi valioso. Non me pegaron pero me berraron moito é xa daquéla, a miña sensibilidade era moi acusada. Non era frecuente que aquél neno tivera
disgustos como aquél. Porque todo tiña moito valor nunha casa dónde casi se contaban as fabas, e non se botaban na pota todas ésas cousas que se botan na Festa do Cocido de Lalín... Xa me entendedes todos...
Para terminar, recordo que alí na Escola da Concha, o meu maestro me sacóu un dente que se movía máis da conta con un fío de coser...
Alí tamén me estrenéi como futuro cliente dos dentistas que estaban por vir á miña vida. Desde aquél tempo, hasta vésperas do meu casamento, non me anduvo ninguén nos dentes, e foi aquí, en Compostela, cando un dentista de verdade e bata blanca. Dos que cobraban ben. Non era o señor Mulet, aquél barbeiro-dentista que había ó lado do Bar "El Rancho Grande", de Vilagarcía, dónde estaban os primeiros "taxis" da vila...; con aquéles coches que parecían quitados da película aquéla, chea de gangsters famosos, perseguidos por aquél poli chamado Eliot Ness... co título de "LOS INTOCABLES"


 

1 comentario:

  1. Foi pena que nos botaran abaixo tres monumentos dos nosos. Non é que eu queira buscar comparacións cos que hai en outras partes, pero é que ésos tres, eran os nosos, é non quedou nada para recordalos. O MUELLE DE FERRO, o BALNEARIO DA CONCHA é o CAFÉ CASA BLANCA. Nin rastro do que houbo nalgún tempo...Xa non nos queda nada para expoñer aquí. Estamos sin historia. Hai un motivo como para botar en falta os tres monumentos tan nosos. Porque vivimos con éles é lles queríamos moito. Non queda nada. EGG/Santiago 2015

    ResponderEliminar