viernes, 22 de marzo de 2013

O NOSO RIO DO CON

                                                     
O NOSO RÍO DO CON

   Estos días fixen un comentario para o FAIADO DA MEMORIA, donde expoñía o meu punto de vista do noso Río máis emblemático. Todo esto, visto desde hai máis de cincoenta anos, que son os que eu vivo fóra de Vila-García. Estaba basado este comentario porque o traballo iba acompañado de unha foto recollida desde a ponte máis próxima ó Bar Avenida (Non sei si este Bar existe. Pero é  a ponte que pasamos cando vamós Á Lomba). Nin máis, nin menos. ¿Está claro? A foto que se cita é moi bonita e demostra un Río limpo, sin herbas ou xuncos que dañan a beleza do noso Río.
   Algunha que outra vez, teño visto unha "manada de parrulos" que o facían moito máis bonito todo. Pero penso que vivimos en un país que nin axudan os veciños, nin as condicións de vida que temos para poder ir vivindo. Desaparecen as aves, como outros bichos que poidan estar cerca da xente.
   Esto non pasa ahí, únicamente, porque en Santiago, donde vivo desde fai moitos anos, sempre "volaron" da Alameda, patos, gansos e todo o que poñían. E "non iban polo aire", precisamente. Hai uns anos, todo o que pasaba na Alameda, levaban a culpa a "fina estudiantina". Hoxe sabe esa mesma xente que os estudiantes non fan cousas como ésas. Teñen otras ideas.

   Antes de chegar o río hasta aquí, pasa por outra ponte con lavadero de primera calidad, donde finaliza a Rúa Covadonga. Esto o recordo tal cual hai 70 anos ou máis, porque vivimos en familia no Lugar das Bocas, (a 500 metros do Río, aprox.). Por tanto, para ir á Escola, por exemplo, non había outro sitio para ir ou vir. Era unha idade dónde os nenos somos máis felices ainda que non teñamos nada. A Escola formaba parte da túa vida en todo o sentido da palabra, e como eu non tiña nunca problemas cos profesores, sentíame moi feliz alí. Sempre salía moi contento da Escola de "Don Santiago". Despóis se chamóu "Don Faustino Alvarez", que tamén foi maestro meu. MOI BO. Cando cambiou de nombre, eu xa non estaba na Escola, porque me puxeron a traballar.

   Recordando aquéles tempos, teño que decir que en aquél lavadoiro de roupa que había despóis de deixar a Rúa Covadonda, era unha imaxen preciosa propia de unha película de Victorio de Sica. Todo esto coa "salsa" que hai alí, porque certas mulleres non querían perder o seu emplazamento no Río, nin nos espacios de clareo (ou cómo se chamen). Os jaleos se multiplicaban todo-los días do ano, e ademáis ás veces "a sangre non chegaba ó Río, pero..." Ese lugar era zona de xogos para os meus amiguetes e cando un can que había dos amigos, pisaban a roupa que poñían a clarear, moi cerca da muralla de finca...¡Dios nos colla confesados! Aquélo era como unha batalla que houbo hai moitos siglos que se chamóu Sodoma e Gomorra. Os rapaces, causantes de aquél jaleo, botamos a correr coma si fóramos lebres. Porque non soamente os cans pisaban a roupa de unha muller, senón de varias. E excuso decir que se acordaban de todos os nosos familiares, vivos ou mortos. Os nenos que provocamos o lío, despóis nos reíamos como anxeliños que éramos, con apenas dez anos. Por eso me acordei do famoso Lavadoiro Municipal para facer un comentario   que podrá facer sonreir a algunha xente, pero era así... ¡Desde alí se controlaba ao pobo!

   Hai que pensar que por culpa das lavandeiras, os nenos non podían xogar donde sempre sogaron, esto, visto desde un cerebro infantil, porque a estas alturas non podemos decir que os nenos non tiñan culpa de nada. Os rapaces de ésa idade sempre están en disposición de xogar e todo o que sea negativo para eles, non son conscientes de que fan daño. ¡Estou recordando o ano 1942...!
   E desde aquéla houbo guerras en todas partes do mundo, e nunca chovéu que non escampara... Polo menos todo fóra para mellorar a situación dos países. Agora se está vendo que en pouco tempo, habrá países dos chamados "ricos" que non convertirán nos seus criados. E por culpa do petróleo, volverán máis guerras, como pasou en Irak, que ainda falta por facer a factura de aquél momento de locura propio de tres homes que merecían estar en outra parte, digo eu...

   Despóis de homenaxear ao Lavadoiro Manicipal de Vila-García, temos que poñer unhas letras para agradecerlle ás LAVADORAS o traballo que fai para as amas de casa, sin esos jaleos que viñan de hai moitos anos. Que si a pedra de lavar... O sitio adecuado. Aguas transparentes. Os clareos despóis do lavado de roupa, cos consiguientes problemas de todo-los días. Non sei si algún destos problemas irían para ó Xusgado, cousa que o vería normal, dado o acaloramento que houbo algún día. Hoxe eso, sería xa noticia para a televisión local, polo menos...

   Por hoxe, vamos deixar as cousas como están. Este é o verdadeiro FAIADO DA MEMORIA. 70 anos.
   Contado por un protagonista da época. E que Dios nos colla confesados, digo eu. Saúdos.
                                     
"Miña nai por me casare,
ofrecéume canto tiña;
e agora que estou casada,
pagóume cunha galiña"....