viernes, 6 de febrero de 2015

Tamén esta nova foto forma parte da obra faraónica creada polo arquitecto Eichmann, por encargo do desaparecido Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne. Este home foi tamén Presidente-Fundador do Partido Popular.
O peor de todo foi que non se contaba co que veu hai uns anos. A famosa crise que invadéu Europa é esto estropeóu todo-los plans que amenazaban esta xigantesca obra. Estaba para ser presupostada en 400 millóns de euros é esto se disparóu de un modo que nadie podía calcular. Varias veces se paróu a obra pensando encontrarlle solucións é de momento, sigue todo igual que cando o vello león de Vilalba estaba antre nós... Todo parado mentras non veñan os cartos que se necesitan para acabar unha obra que tiña que estar inaugurada polo vello Presidente, si as cousas non tiveran os atrancos que quedaron ó descuberto pola falta de recursos económicos...
Si a todo o exposto aquí lle sumamos que o mantemento de todo esto ten que ser moi caro, en inverno se multiplica porque o gasto de calefacción nunha zona fría, húmida e moi ventilada, ten que ser carísimo. Pero, como dicen os curas... "Doctores tiene la Santa Madre Iglesia"..., para reparar todo esto, digo eu.
Si a todo esto lle sumamos que sólo os do PP pondrán interés en cambialo, si outros gañaran as próximas eleccións, retrasaría moito máis a entrega de esta obra terminada... Si saliran os de Podemos, como gañadores, sería ruinoso para a Cidade da Cultura. Porque éstos non comulgan coa obra faraónica do noso ex-Presidente galego. Esperemos hasta ver qué pasa... Agora hai que xuntar moitos cartos para facerlle frente ós gastos. Si o Presidente M. Rajoy non manda cartos, seguiremos como hasta agora, esperando soluccións, que non veñen...   
A Cidade da Cultura se encontra na cima do monte Gaiás. Unha zona moi fría. Non pudo ser inaugurada por Fraga é agora parece que non hai tanta presa por acabala.         6 febreiro/2015

jueves, 5 de febrero de 2015

           PASEO DA FERRADURA de Santiago 
                                 VISTA PARCIAL
A foto que presentamos hoxe de este  Paseo que tanto aman os composteláns  indica  que  falar  de esta zona de Santiago,  dice moito en favor do povo. Os carballos que se ven que son árbores
nacidos en Galicia, que naide sabe calcular o tempo que levan ahí, dan sombra en Verán durante un km. que mide este Paseo tan fermoso. Paseo para namorados, nenos, vellos e non tan vellos. Aquí se respira unha Paz que xa quixeran outros tela así. Este Paseo, hasta é bonito con chuvia. Con un paraugas completo, os mozos namorados, están aquí como peixe no mar. Eu xa fun un de eles, alá entre os anos cincoenta é sesenta... Un Paseo así che invita a facer o percorrido sin parar. Sólo é 1 km. Con bó tempo, pola tardiña se enche de nenos cos seus pais e son felices porque non corren ningún risco os críos. Hai varios Parques infantiles en esta zona que teñen moita aceptación entre os nenos. Tamén a zona se presta para que os galegos ilustres, como a nosa Rosalía figuren con dous monumentos que foron regalos dos emigrantes galegos, de América Latina. Vale a pena visitar estos monumentos. Se ve a nosa Rosalía co seu esposo Manuel Murguía con parte da súa poesía que dice... "Adiós ríos, adiós montes,
adiós regatos pequenos"... (A poesía sigue). ¡Precioso!                 Nada máis por hoxe, amigos do FAIADO. ¿Verdade que a foto é moi bonita?. Para que despóis nos digan que hai que traer as árbores do estranxeiro de fôra! Sempre se reíron de nós...

Este Paseo en Verán é moi frecuentado polo povo é  son moitos os santiagueses que pasean de madrugada... Cando o sol apreta, a xente da voltas á Ferradura, sin presa algunha...

Comentario de E. García - Santiago 


miércoles, 4 de febrero de 2015

                     A FONTE DOS CABALOS
                        PRAZA DAS PRATERÍAS - Santiago

                                   "Si vas polas Praterías,
                                   a rezar na Corticela;
                                   beberás auga bendita,
                                   dos cabaliños de pedra"...

                                   Cantarela do Coro "Cantigas e Agarimos"
                                   de Santiago,
                                   con letra de Rosalía de Castro.
                                     
                                 


martes, 3 de febrero de 2015

       AS TORRES HEJDUK (Cidade da Cultura)
                              SANTIAGO DE COMPOSTELA
                                    ºººººººººººººººººººººº
Creo que non está mal que eu escriba cousas das que temos en Santiago.
Porque todo canto vexo aquí forma parte da vida que me tocóu vivir... Para mín é moito máis fácil escribir do que vexo por aquí, porque casi vou cumplir 60 anos dende a miña primeira estancia, desde 1956... Porque non podo escribir acerca de meu povo, porque non coñezo nin o
o nome das calles. Esto para empezar. Ás veces falo no FAIADO de
persoas que falleceron sin eu sabelo, é outras que están por entre nós e parece que se foron para sempre. Non me gusta facer de "enterrador". E esto pasa porque non teño constancia do censo demográfico da miña terra. A prensa que eu leo é El Correo Gallego, que é o periódico local. Calquer noticia de tipo local ven no periódico de aquí. Hai outros que me gustan máis, pero non é o noso. Meu deber é apoialo. É do ano 1878 é está ahí entre os máis vellos. Ten 137 anos de vida, é para ser un periódico pequeno, agrada que esté ahí dando guerra. Esto dice moito do periódico noso. Que pasóu por moitos baches pero supo vencelos...
ººººººººººººººººººººººººººº
Ésas torres que se ven na foto que figura enriba deste comentario poden verse desde moi lexos é forman parte do grupo da obra da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, no mesmo Monte Gaiás. En canto vos sexa posible acercarse a Santiago para velo. Merece a pena aínda que esté sin terminar. Algo tendredes que pagar como en outros museos que hai por España adiante. Hai gastos de mantemento como pasa por dónde hai museos. É normal todo esto, agora. Non o pensedes moito.
VISTA PARCIAL DA CIDADE DA CULTURA
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2015
                                               ººººººººººººººº
Lles presento a obra faraónica que se programóu para que fóra inaugurada polo líder do PP, Manuel Fraga Iribarne. O peor de todo foi que entre tantos planos, chegóu a crise e se demoróu a construcción de esta obra uns cuantos anos. Foi calculada en 400 millóns(?) é esta cantidade se multiplicóu por tres ou catro veces máis. Por tanto, esta obra non chegóu a vela terminada o que foi Presidente da Xunta de Galicia, non hai moito tempo. Se acaban os cartos é todo queda sin efecto. Se lle quere dar vida a todo esto, é polo verán se acerca bastante xente a ver unha obra que lle falta unha chea de millóns para vela terminada. Foi proxectada polo mellor arquitecto do mundo. Toda-las obras xigantescas que se ven polo mundo adiante desta magnitude son da súa colleita. Se chama Peter Eisenman. Hai unha foto na entrada coa foto deste home que parece cómo si che invitara a entrar... Me hubera gustado moito ver esta obra terminada, porque merece a pena que a xente de aquí é a que ven de fóra a coñeza. Hai que facer figurar todo esto nos novos planos turísticos pero, sigo pensando que os cartos é o maior freno para seguir adiante. Para estar no alto de un monte, que chaman Monte Gaiás, soamente co gasto en forma de calefacción que hai alí, non sei cómo non se pensóu en esto ao seu debido tempo. Coa humidade que se ve alí, si a calefacción falla ¡adiós! Quizá nunha zona máis quente, non falaríamos de todo esto. Porque si xa a nosa Cidade do Apóstolo é das máis húmidas de España, si a poñemos enriba de un monte, xa non hai moito máis de qué falar.  Endendémolo todos no acto.
Non dixen que o Presidente Fraga se nos foi para sempre e lle quedóu por ver este gran monumento que se fixo na súa memoria. O Monte Gaiás dónde está a Cidade da Cultura, baise pola Rúa de Manuel Fraga Iribarne. Como non se busquen cartos para terminar esta obra, presinto que vamos ter obra para rato. Eu creo que esto non se pensóu con tempo, porque da a impresión que todo esto difícilmente se acabará en cincoenta anos. Por tanto, hai obra para rato... Estamos no ano 2015... é non sabemos cánto costará o que falta por facer. A pelota está no tellado do goberno do PP. Porque ningún partido que nos poida gobernar, que non sea o PP,  gastaría un peso para terminar a obra de Manuel Fraga...