sábado, 31 de enero de 2015

                O NOSO CAFÉ "CASA BLANCA"
                BAÑADO  POLO NOSO MAR DE AROUSA
Había naquél tempo dous Cafés moi entrañables para o povo de Vilagarcía. Un era o Café da familia dos Poyán, no mesmo centro do povo, é o outro era este que vemos na foto que formaba parte dos pequenos "monumentos" dos que aínda podíamos presumir naquél tempo. No Café dos Poyán non tiñan sitio rapaciños con escasa barba. Era máis serio en todo. De cando en vez traían un cuarteto, ou quizá un número máis para amenizar o ambiente con pouca xente, pero con moito fume. Hoxe aquélo non podría traballar deste xeito, porque o daño do fume sería intolerable. Dende as tres da tarde, había música para todos aquéles que botaban a partida. Logo, máis tarde, dende ás sete había un cambio porque o grupo musical cambiaba actuación anteriores, porque os clientes, xa non eran os mesmos. Matrimonios, parexas de noivos, etc. ocupaban aquélas mesas e sillas, hasta o final...E así foi sempre. Os domingos parecíanse algo, pero con xente mellor vestida...

O Café "CASA BLANCA" era o café dos críos que querían ser homes.
En días considerados como festivos, aquélo era unha delicia entrar alí con tanto amiguete que iba para pasar un par de horas e logo meterse no cine coa súa pandilla ou a súa mociña, que se encontraba antre nós xogando a partida de parchís ou damas... O pasábamos todos moi ben, hasta que chegaba a hora do cine équedaba o local casi vacío. Aquéles tempos, eran tempos moi bonitos, de xuventude plena. Todos éramos de xente traballadora, no había, apenas da outra. Era un povo moi pequeno pero unido a nivel de xente moi nova. E recordaremos sempre con moito cariño aquél ambiente xuvenil que nos tocóu vivir. Eramos felices porque éramos moi novos cun futuro pouco prometedor. Moi poucos estudiaron carreira maior, a non ser que foran fillos de xente acomodada. Os outros, non tiñan moitas posibilidades, para triunfar na vida. Non había unha empresa que recollera a estos muchachos para que se pudera ganar a vida. Gracias a que naquél tempo, homes como meu amigo Eduardo Martinez Taboada (de Galerías Eduardo), Larsa é tamén Castrosúa, etc. saliron adiante... Daquéla algún de nós xa fumaba, para facerse home cánto antes... E todo era así... O fútbol do Arosa, no Campo da Lomba. Alí nos encontrábamos todos de novo é veña, a berrar con gritos de ¡Hala Arosa! repetido durante hora e media de fútbol, que duraba aquélo. Según o resultado a cara do espectador desde sempre, cambiaba. Si ganabas, sonreías, perdendo, non tanto. O empate sólo vale para os afligidos, porque non é nin sol, nin sombra... E nada máis. Este é como un homenaxe ao lugar de encontros e tamén a tantos mociños que nos encontrábamos no CASABLANCA. Desde os anos da II Guerra Mundial. Nunca vin unha pelea entre aquéles nenos, unha señal de que somos moi diferentes a outros que viñeron despóis. Para todos aquéles rapaces, un forte abrazo para todos éles. "Amigos para siempre", como decía aquéla cantarela da Olimpiada de Barcelona...
Excuso decir que desde este Café tíñamos a pouco máis de 100 metros o noso Muelle de Ferro con tantos recordos para todos nós. Hasta que alguén se lle ocurréu levalo para chatarra, no medio de tantas lágrimas de aquél povo, que xa non era nada, é menos, sin o noso Muelle. Decía certo poeta que andaba por Vilagarcía, que... "la vida es un oscurecer eterno".  É debe ser moi certo todo canto decía, porque... ¡xa chovéu!

Homenaxe meu a aquéles dos Cafés:
o de Poyán e tamén o "Casa Blanca".
Os dous, de Vilagarcía.                     

viernes, 30 de enero de 2015

O CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

       Seguro que moitos arousáns coñecedes este edificio que pouco lle faltará para cumplir 400 anos(?). E desde o primeiro ano, sempre estivo ahí facendo o seu papel moi dignamente. Ubicado na mesma Praza  do Obradoiro, donde se encontra, ademáis, o Hotel dos Reis Católicos, antiguo Hospital Real de Peregrinos, fundado polos Reis Católicos, en 1492. Desde o ano  que citamos ahí, sempre foi moi respetado hasta chegar ao ano 1954, que deixóu de ser Hospital Real para convertirse en un Hotel de 5 ***** estrelas... É considerado desde hai anos como un dos mellores hoteles habidos na década dos anos 1960... en España.
Enfrente do Concello se encontra a fachada principal,  tamén chamada Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago, que garda ao entrar no templo o famoso Pórtico de la Gloria, obra singular do Mestre Mateo, construído hai máis de 800 anos. Unha escultura moi coñecida pola súa calidade en toda Europa. O Camiño de Santiago axudóu a que peregrinos de canto país hai sobre a terra visitaran o Santuario compostelán dónde se gardan as reliquias do Apóstol peregrino. O mundo do arte, das letras, e das ciencias, tamén pregonan o despertar desde este lugar de oración, de cántos nos visitan ao largo do ano. O Xacobeo, está lexos...
Tódo-los anos en que a festividade do Apóstolo cae en domingo, no calendario, se considera ANO SANTO... Hai na Praza do Obradoiro un edificio que forma parte dos catro que conforman o grupo.  O primeiro ó entrar, que é Sede do Rectorado da Universidade compostelán. Un conxunto moi bonito que hai que ver alí. Todo en pedra galega, dura como o pedernal. Non o olvidar. E despóis ir pensando na Cidade da Cultura. Ten moito que ver. Está enriba do monte Gaiás, alá no alto de todo. A cidade que Fraga dibuxóu para un futuro... 
A falta de cartos pola crise destos anos, escarallóu a finalización de esta obra faraónica, digna de ver... Como non a veñades ver un día, vos pesará... ¡¡Seguro!!



jueves, 29 de enero de 2015


              MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Non sei canto tempo hai que comenzóu a funcionar este  museo que está nas aforas de Santiago. Edificio novo, todo novo. O nombre está posto ahí con letras roxas enriba deste comentario. Hai uns días que meu fillo tivo a ben levarme para que eu vira algo que nunca vin. E así foi. Todo me gustóu. Animales disecados de todo tipo. A fauna da selva está alí, e con esa fauna hai unha chea de aves de todo tipo, traídos de alá da zona de Colombia, Brasil, Cuba... Bueno, de todo tipo. Unha preciosidade. Igual ves caimáns, que calquer tipo de bichallada. De maravilla. E tamén temos os minerales sacado das minas, donde vemos o azabache  e outros minerales valiosos que todos queren ver. Hasta se ven os diamantes e outras pedras de outros mundos caídos do firmamento. O peor de todo esto é observar que a xente non colabora asistindo a estos museos tan maravillosos. Si viñera Belén Esteban para animar á xente a entrar, esto xa sería outra cousa. Pero esta artista dos culebróns está en un medio dónde gana moitos cartos e esto non ten volta de folla. Este puto mundo noso non sabe máis. Despóis de Tele 5, xa non hai outra cousa. Por eso Belén bate records vendendo libros, sin saber o máis elemental... Para que logo falen do torero. Ela, a Belén, fixo máis cartos que o seu torero, sin esforzarse moito e sin xogarse a vida, como lle pasóu a Jesulín de Ubrique, pai da súa filla. Bueno, pois deseo que non deixedes de ver este Museo que é moi bonito é enseña moito. Ogallá que esto non deixe de funcionar, con esto da tixeira é máis putadas que se fan ver dónde hay cultura. Xa tendremos ocasión de chamar a nosa Belén para que nos fale de Gran Hermano. Estamos aquí para velo en outra ocasión. Si na Universidade non se repoñen os catedráticos que dan clases, pronto se ocuparán de todo esto, aquéles que pensan que o fixeron ben en estos tempos. A nosa Universidade quere ser o que foi sempre, pero para esto hai que ter unha economía perdida. Si siguen recortando cartos, que se preparen porque no mundo da cultura non se pode aceptar esto... Igual pasa no mundo da Sanidade... As xubilacións non se ocupan e esto non deixa lugar a dúbidas. "España vai ben", decía aquél elemento para xogar outra vez. Quere volver este pobre home... A ver qué vai pasar con tanto chourizo cabrón. Naide quere soltar a súa teta. Somos los mejores, incluindo "Podemos"... Veremos qué cara lle vai quedar a aquéles que perden tanto chourizo en mans de un partido novo. Aquí non vamos a seguir votando sempre a aquéles que se fixeron moi ricos a costa dos famentos... Roubando e reíndose dos iñorantes, pero os cartos, pa Suiza... Pujol, Rodrigo, Bárcenas, esta xente ten moita historia. ¡Qué pena que non se poida vivir de outra maneira! Desaparecéu a xente honrada é todo parece moi normal. Bueno, aconsello a visita a este Museo, porque aquí se aprende moito. Non quero tixeiras para esta casa. A cultura non ten que poñerse de rebaixas. Un Catedrático ten que vivir como se merece. Con arreglo ao seu estilo de vida. Si lle quitas cartos á cultura, o normal que despóis teñas unha fábrica de analfabetos. O que non queira saber de esto, é que está en outro mundo. Como si lle quitas cartos á Sanidade. Tendrás que comprar ataúdes, digo eu que hai anos que vivo outro mundo diferente. Así vamos con tanta tixeira é tanto carneiro. Si os profesores se retiran é non se repoñen as baixas estamos preparados para que a nosa Universidade non perda deser o que foi sempre. Un pedazo de Universidade. Do mellor que tivemos en España... A partir de agora, non sei... Este Museo é propiedade da Universidade de Santiago. Dito queda. 

 

    
  O NOSO BALNEARIO DA PRAIA DA CONCHA

Sempre habrá quen pense que apenas escribo "Cousas de meu Povo". E teño que decirlle a quén pensa así que eu, hoxendía, non coñezo o meu povo. Sólo podréi falar de cousas que vivín hai unha chea de anos, como este caso que nos ocupa hoxe, do Balneario da Praia da Concha. Este edificio de madeira, foi escola para mín, hasta que me levaron para a Escola de Don Santiago, alí onde a Igrexa nosa. A única. A Igrexa da miña calle. Alí dónde tíñamos un home dos chamados "apóstolos da medicina", como era o Doutor Don Manolo Tourón. Despóis de tantos anos, aínda hoxe o teño presente conmigo. Porque eu lle tiña esa fé que levan os enfermos no seus ollos cando van a Fátima... Nunca nos cobróu nada e con cada consulta había outros gastos añadidos para él. Vivimos casi enfrente da súa casa..., na calle de la Iglesia, hasta que marchamos para aquela calle que tiña un santo con can, sempre pegado a él. Todo moi bonito, cando todo canto esperabas, estaba por vir. Sólo unha xitana me prometéu un futuro cheo de cousas bonitas, á que non lle teño que reclamar, porque non volvín a aquéles tempos tan horrendos para todos nós. Unha vez superada esta dura etapa, as cousas que vía a xitana chegaron pouco apouco. A roda da vida rodou e rodou sempre para mellor...
...........................................................................................................
Pero non quero olvidarme do noso Balneario da Concha, porque alí tiven unha chea de amigos da infancia que hubera dado algo por volver a sentirme antre eles. Casi sempre, os amigos da infancia no hai quen compita con eles. Viñeron despóis os amigos-mociños, que tampouco naide ocupóu o seu sitio. Logo, coas mozas, xa todo cambia, porque "casi" nos sentimos homes levando ó noso lado unha mociña da beira do mar. Os primeiros amores. ¡Inolvidable todo o acontecido! Meus pais separados desde que eu andaba con chupete... 
Cargaban conmigo meus irmáns para levarme a ésa Escola da Concha. Teño que recordar que diante do Balneario; as aréas da praia chegaban á beira da carretera, medio metro máis abaixo. Chegaban como podían chegar as ondiñas do mar en mareas bravas. Por debaixo do edificio de madeira, montado en troncos verticales... Mesmo alí diante do edificio, xogábamos os máis cativos, descalzos, na aréa, e os meus amiguiños me esconderon as miñas sandalias e non fumos capaces de encontralas entre todos. Tiven que marchar descalzo para a casa, da mán dos meus irmáns. Levéi uns berros de éles e tamén do meu pai, que traballaba no Banco de La Coruña, de cobrador. Daba a impresión que o que eu había perdido antre a area, era moi valioso. Non me pegaron pero me berraron moito é xa daquéla, a miña sensibilidade era moi acusada. Non era frecuente que aquél neno tivera
disgustos como aquél. Porque todo tiña moito valor nunha casa dónde casi se contaban as fabas, e non se botaban na pota todas ésas cousas que se botan na Festa do Cocido de Lalín... Xa me entendedes todos...
Para terminar, recordo que alí na Escola da Concha, o meu maestro me sacóu un dente que se movía máis da conta con un fío de coser...
Alí tamén me estrenéi como futuro cliente dos dentistas que estaban por vir á miña vida. Desde aquél tempo, hasta vésperas do meu casamento, non me anduvo ninguén nos dentes, e foi aquí, en Compostela, cando un dentista de verdade e bata blanca. Dos que cobraban ben. Non era o señor Mulet, aquél barbeiro-dentista que había ó lado do Bar "El Rancho Grande", de Vilagarcía, dónde estaban os primeiros "taxis" da vila...; con aquéles coches que parecían quitados da película aquéla, chea de gangsters famosos, perseguidos por aquél poli chamado Eliot Ness... co título de "LOS INTOCABLES"


 

miércoles, 28 de enero de 2015

            O DÍA DOS FUEGOS, O DÍA DO PATRÓN

Todo-los anos no día 24 de xullo celébrase en Santiago os fuegos artificiales tradicionais. Sólo hai dous anos, esto non se levóu a cabo como consecuencia de aquél famoso accidente ferroviario de Angrois. Un accidente con tren novo de alta velocidade que provocóu unha chea de mortos, é tamén feridos dónde quedóu para sempre marcado con luto o día do Patrón de España. Suspendéronse todo-los actos previos á cita. E o público deixóu o seu espacio e marchóuse para seus lugares de orixen...  Deseo recordar aquí aquél gran comportamento de unha aldea próxima a Santiago, que se chama ANGROIS que deixóu escrita con letras de ouro unha páxina chea de valentía é xenerosidade polo seu comportamento en favor de feridos é incluso moitos mortos. Votáronse ás vías para tratar de salvar as vidas que había dentro dos vagóns accidentados. Me quito o sombreiro en favor de esta xente, que demostróu a súa valentía de un modo maravilloso... ¡Vai por vos, amigos de ANGROIS!  Todo por culpa de un mal trazado nas vías do tren. Aquéles señores que tanto cobran non fixeron as cousas ben. E seguimos sin que naide teña culpa de tantos feridos e mortos. Sin contar o resto...
Excuso decir que estos fuegos se levan unha gran parte do Presuposto das festas do noso Patrón. E se fabricaron en Italia pola súa espectacularidad. Son unha garantía de calidade. En España non temos a calidade demostrada polos pirotécnicos italianos. Sempre vamos por detrás, pero queremos cobrar máis que éles... Casi sempre foi así. Esto non ten remedio... Moitas gracias, amigos de ANGROIS. Sodes un exemplo, en todo... Vos xogáchedes a vida por xente que nin coñecíades. Tamén o conductor tiña que ser máis responsable... Tanto ten que sean dous mortos, como si son 80. ¡Non!
 



        Catedral de Santiago, desde a Alameda

Non sei si acerto si digo que en Compostela disfrutamos de unha Alameda que pode ser das mellores que temos en Galicia. Ocurre que había que pensar en renovar unha chea de carballos que lle dan sombra en verán ao largo de un kilómetro aproximadamente. Como ten forma de ferradura, acolléu este nome, como o máis adecuado para este caso. Este paseo sirveu en moitos anos como un paseo de namorados, dónde ninguén se libróu de esta proba. Tanto ten que foran estudiantes universitarios, como o povo llano, todos pasamos aquí, quizá, os anos máis felices das nosas vidas, sin contar xa con esa xentiña que ven facendo o Camiño é caen nas máns de Cupido contemplando esta escena tan fermosa, que eu levo vendo desde 1956. Hai xente que se pon mirando esta estampa tan única, sentados desde un banco do Paseo dos Leóns, e cando a lus se vai, éles tamén fan o mesmo.
De xóvenes, ou non tan xóvenes, por aquí pasamos todos. Tamén como paseo para nenos destaca este parque como algo que nos fai sentir orgullosos, porque sabemos valorar o que temos. Aínda que eu non sexa nativo de Compostela, ven me podían entregar un pasaporte especial. En ano e medio, cumplo 60 anos vividos en Santiago; esta é unha cantidade a ter en conta  sempre. Muller de aquí, fillos e netos que naceron baixo o signo da nosa Rosalía... Creo que non se pode pedir moito máis... Agora, este Paseo se está convertindo en una zona para vellos. Se reúnen aquí é dan voltas arredor da Ferradura, como cando eran ben novos. Cada volta, un km. que non deixa de ser unha boa señal para aquéles que levan conta por "aquélo do Paseo do Colesterol". Si vas por este Paseo te encontrarás coa figura de Ramón María del Valle Inclán autor de "Divinas Palabras". Un escritor nado en Vilanova de Arousa ¿Ou Caramiñal? Se encontra este home sentado nun banco normal, mirando hacia a nosa Catedral. Esto é reciente. Quizá 10 anos... Andando hacia adiante, temos dous monumentos dedicados á poetisa galega. Pero antes vemos o munumento de unha leiteira da aldea, que hai 50 anos percorría as rúas compostelanas  repartindo a leite, ano tras ano...
A miña pasión polo arte ten o seu sentido, porque non puden escoller mellor a cidade para vivir. A miña muller foi sempre moi feliz paseando pola Alameda de Santiago collida da mán de quén a quixo tanto. Agora, fillos e netos siguen os seus pasos. Esto tamén forma parte da nosa Historia. A Historia da Alameda de Santiago de Compostela. Aquí cheguéi; aquí me namorei. Aquí chegaron felizmente fillos e netos. Aquí botéi raíces para sempre...
 

 

martes, 27 de enero de 2015

Vilagarcía de Arousa, a vista de paxaro
Cando eu era un neno, a xente que vivía ó noso lado, non gozaba de canto vemos nesta foto tan preciosa. Todo estaba en estado natural. Non había máis muelle que aquél que montaron os ingleses hay unha chea de anos. Nos conformábamos porque os tempos eran moi ingratos para todos nós... Era o noso Muelle
de Ferro tan querido por todo-los arousáns nacidos nos anos trinta é seguintes. Foi pena perder aquél símbolo tan bonito... Do mesmo modo que as Torres do Obradoiro o dicen todo, nós tíñamos o noso Muelle de Ferro, que tamén tiña a súa Historia, para nós... Non era tan importante como as Torres de Santiago, pero nosoutros o que non queríamos era o desguace, que veu cando naide esperaba semellante cousa (eu, o primeiro).
Parecía que éramos tan felices como os de Vigo, porque aquí se facía moita obra sobre o mar. Sendo eu un crío de pantalón corto, nos visitóu un ministro que quixo facer de Vilagarcía outra cousa moi distinta. E chegóu a traer para a nosa Vila, co fin de facer Obras no Porto é este foi o principio do que estaba por vir. Chamábase este home, Conde de Vallellano. Todo él era elegancia, alto é ben plantado... Non sei si en aquél tempo xa habían comenzado os Consellos de Ministros no Pazo de Meirás.  Porque naquél tempo, os Ministros mentían todos. Daba a impresión de que todos íbamos ser ricos... coas obras que se iban facer na Ría de Arousa. E ben pensado, valía máis un caldeiro de berberechos que todo canto nos prometían. E foi así. Os galegos nunca tivemos "gancho" con aquéles homes que prometían moito, a cambio de nada. Así pasóu todo. Nos decían que se estaba a facer un Superpuerto comparable a éso que teñen os holandeses na cidade de Rotterdam. Aquélo era moito. Temos que recordar a nosa xente, que toda ésa camarilla invertía os seus cartos en Marbella, Puerto Banús, que todo se convertía en ouro. Os solares se poblaron de chalés porque toda aquéla mafia gañóu miles de millóns, facéndose pasar por xente honrada, aquélo daba noxio. Os Ministros non tiñan tempo para dedicarlle ós galegos unha hora do seu tempo. Era máis interesante o que había en Marbella, para éles. Prometían moito, pero non daban nada. É como dicen os enfermos do Psiquiátrico de Conxo... "Prometer e non dar...fan a os tolos alegrar"... É que cada un interprete todo esto como lles dé a Real gana. A CORRUPCIÓN HABÍA COMENZADO. Esta xente eran ministros para meterse en negocios sucios. O vello de Ferrol, miraba para outro lado. Era moi descarado. A única diferencia é que se negociaban con pesetas é hoxe son euros...
Os mesmos lobos de agora. Con camisa é todo. Compraron canto terreno había alí para construir. Sólo faltóu Don Rodrigo é todos os seus amigos. Sempre están en primeira páxina.
Agora a foto cambióu é a nosa Vila xa tiña formas de unha pequena cidade moderna. Esto é o que vemos sempre a diario. Temos que buscar o modo para que esta cidade non retroceda no tempo. Necesitamos ir pra diante. E remar todos a unha, para que todo esto chegue a bon porto. Esto sería o meu deseo. Pero, entre tixeiras é caralladas de este tipo, non sei si esto chegará lexos. Esperamos que todo vaia p'adiante. Para poder cantar aquélo...
"Villagarcía de Arosa,
pueblo de mucha valía;
tus vasallos te saludan,
con un grito de alegría"... (a cantarela sigue), pero...
ºººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººº
Comentario de E. García, desde Santiago. 27/01/2015


 




O BOTAFUMEIRO


   O BOTAFUMEIRO DA CATEDRAL DE SANTIAGO

Non todas as persoas de Vilagarcía, miña terra, puderon contemplar o balanceo de este incensario, que empeza a rente do chan e chega hasta a cúpula interior deste santuario tan de todo-los galegos de moita ou pouca fe. Pensar que ésta é a casa de Papas, Reis, Presidentes de governos, etc. Moi bonito... 
E digno de ver. Tampouco é necesario ser moi creiente, pero seguro que aquél que non o veu nunca, se emocionará. Axuda tamén unhas cantarelas eclesiásticas cantadas por todos os presentes, si é que coñecen o Himno ó Apóstolo Santiago...
Axudados todos das famosas chirimías que son como cornetas moi visibles que están á vista dos fieles...
Nas grandes solemnidades, hai unha orquesta filarmónica que non se ve, pero se deixan oír. Ás veces, esta orquesta non baixa de 50 músicos de gran categoría. E o conxunto de todo esto, incluíndo coros, para quen non coñeza esto, da a impresión de que nos encontramos no Ceo. Moi normal, porque todo esto, xa é obra de siglos. Os curas, sempre superon facer moi ben o seu traballo. Aquí quedóu o arte é éso, gusta moito.
O Botafumeiro sempre tivo unha finalidade que ven de siglos atrás. A súa función era a de perfumar o ambiente, porque os peregrinos, non sempre chegaron, é chegan, cheirando de un modo fino. Os aseos eran nos mil ríos que estos aventureiros encontraban por Galiza adiante, antes da chegada a cidade do Apóstolo. E cando chegan a súa meta que foi desde siglos a Praza do Obradoiro... Extenuados... Pero moi felices de haber chegado. Botan horas mirando para ésas torres que coñecen de antes de chegar. Choran de emoción, porque esto o levan moi adentro do seu peito. E non todos é por sentimentos relixiosos. Hasta hai chinos que deixan a Buda aparcado, para facer este Camiño que une a miles de persoas que se encontran en él... Vos xuro que cada persoa que ven facendo o Camiño, ás veces é por promesas adquiridas, como tantos outros. Algúns hasta terminan en Fisterra e ó chegar, suelen queimar o calzado é algunha prenda, alí dónde está o Faro máis galego que tamén ten moita historia na vida deste país noso.
Excuso decir que toda esta xente recibe un trato moi bó por parte dos nosos paisanos, das aldeas do interior... Comparten cos peregrinos algo do que teñen a mán, como frutas, un tancarolo de viño con pan... E tamén hay fotos de recordo para cando chegan aos seus destinos e felicítanse as Pascuas con moito cariño polo medio. Hasta chegan a casar aquí, en Santiago, mozos que se encontraron no Camiño é marcharon de Compostela casando na Catedral galega por excelencia... ¿Verdade que é moi bonito? Hai que procurar que todo esto non non baixe o ritmo do Camiño, porque estos mesmos son os que mellor fan a publicidade de esta bonita cidade... ¡Precioso!
Para acabar, vou decir que o Botafumeiro, cando lle votan o incienso con brasa, expande un aroma moi do gusto de cantos estamos asistindo ó culto. Pero o mellor é velo por vosos ollos. Entre a música do templo, a balanceo é o incienso queimando dentro do incensario xigante, che emocionará. Seguro. Non é necesario que seas moi creiente para sentir todo esto.
O Botafumeiro pesa 53 kg e é ten metro e medio de altura. Elévase a 20 metros e pode chegar a alcanzar unha velocidade de 70 kilómetros por hora. Debido á velocidade e o peso, pode coller unha enorme enerxía. Daquela, en épocas pasadas houbo roturas da corda. En 1499 o Botafumeiro soltouse y saiu pola Porta de Praterías, en presencia de Catalina de Aragón, que estaba de visita en Santiago. Esto repetiuse nos anos 1622 e 1937. En ninguna ocasión houbo víctimas polo desprendimento. Hoxe en día mantense despexado o cruceiro da Catedral durante o voo do Botafumeiro para que os turistas e os curiosos teñan libre soamente ata o perímetro desde o que se maniobra.
O Botafumeiro pode admirarse nas misas solemnes. O resto dos días utilízase e está exposta unha copia de tamaño algo menor ao orixinal feita en alpaca, coñecida co nome de "La alcachofa".