martes, 27 de enero de 2015

Vilagarcía de Arousa, a vista de paxaro
Cando eu era un neno, a xente que vivía ó noso lado, non gozaba de canto vemos nesta foto tan preciosa. Todo estaba en estado natural. Non había máis muelle que aquél que montaron os ingleses hay unha chea de anos. Nos conformábamos porque os tempos eran moi ingratos para todos nós... Era o noso Muelle
de Ferro tan querido por todo-los arousáns nacidos nos anos trinta é seguintes. Foi pena perder aquél símbolo tan bonito... Do mesmo modo que as Torres do Obradoiro o dicen todo, nós tíñamos o noso Muelle de Ferro, que tamén tiña a súa Historia, para nós... Non era tan importante como as Torres de Santiago, pero nosoutros o que non queríamos era o desguace, que veu cando naide esperaba semellante cousa (eu, o primeiro).
Parecía que éramos tan felices como os de Vigo, porque aquí se facía moita obra sobre o mar. Sendo eu un crío de pantalón corto, nos visitóu un ministro que quixo facer de Vilagarcía outra cousa moi distinta. E chegóu a traer para a nosa Vila, co fin de facer Obras no Porto é este foi o principio do que estaba por vir. Chamábase este home, Conde de Vallellano. Todo él era elegancia, alto é ben plantado... Non sei si en aquél tempo xa habían comenzado os Consellos de Ministros no Pazo de Meirás.  Porque naquél tempo, os Ministros mentían todos. Daba a impresión de que todos íbamos ser ricos... coas obras que se iban facer na Ría de Arousa. E ben pensado, valía máis un caldeiro de berberechos que todo canto nos prometían. E foi así. Os galegos nunca tivemos "gancho" con aquéles homes que prometían moito, a cambio de nada. Así pasóu todo. Nos decían que se estaba a facer un Superpuerto comparable a éso que teñen os holandeses na cidade de Rotterdam. Aquélo era moito. Temos que recordar a nosa xente, que toda ésa camarilla invertía os seus cartos en Marbella, Puerto Banús, que todo se convertía en ouro. Os solares se poblaron de chalés porque toda aquéla mafia gañóu miles de millóns, facéndose pasar por xente honrada, aquélo daba noxio. Os Ministros non tiñan tempo para dedicarlle ós galegos unha hora do seu tempo. Era máis interesante o que había en Marbella, para éles. Prometían moito, pero non daban nada. É como dicen os enfermos do Psiquiátrico de Conxo... "Prometer e non dar...fan a os tolos alegrar"... É que cada un interprete todo esto como lles dé a Real gana. A CORRUPCIÓN HABÍA COMENZADO. Esta xente eran ministros para meterse en negocios sucios. O vello de Ferrol, miraba para outro lado. Era moi descarado. A única diferencia é que se negociaban con pesetas é hoxe son euros...
Os mesmos lobos de agora. Con camisa é todo. Compraron canto terreno había alí para construir. Sólo faltóu Don Rodrigo é todos os seus amigos. Sempre están en primeira páxina.
Agora a foto cambióu é a nosa Vila xa tiña formas de unha pequena cidade moderna. Esto é o que vemos sempre a diario. Temos que buscar o modo para que esta cidade non retroceda no tempo. Necesitamos ir pra diante. E remar todos a unha, para que todo esto chegue a bon porto. Esto sería o meu deseo. Pero, entre tixeiras é caralladas de este tipo, non sei si esto chegará lexos. Esperamos que todo vaia p'adiante. Para poder cantar aquélo...
"Villagarcía de Arosa,
pueblo de mucha valía;
tus vasallos te saludan,
con un grito de alegría"... (a cantarela sigue), pero...
ºººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººº
Comentario de E. García, desde Santiago. 27/01/2015


 




No hay comentarios:

Publicar un comentario