sábado, 31 de enero de 2015

                O NOSO CAFÉ "CASA BLANCA"
                BAÑADO  POLO NOSO MAR DE AROUSA
Había naquél tempo dous Cafés moi entrañables para o povo de Vilagarcía. Un era o Café da familia dos Poyán, no mesmo centro do povo, é o outro era este que vemos na foto que formaba parte dos pequenos "monumentos" dos que aínda podíamos presumir naquél tempo. No Café dos Poyán non tiñan sitio rapaciños con escasa barba. Era máis serio en todo. De cando en vez traían un cuarteto, ou quizá un número máis para amenizar o ambiente con pouca xente, pero con moito fume. Hoxe aquélo non podría traballar deste xeito, porque o daño do fume sería intolerable. Dende as tres da tarde, había música para todos aquéles que botaban a partida. Logo, máis tarde, dende ás sete había un cambio porque o grupo musical cambiaba actuación anteriores, porque os clientes, xa non eran os mesmos. Matrimonios, parexas de noivos, etc. ocupaban aquélas mesas e sillas, hasta o final...E así foi sempre. Os domingos parecíanse algo, pero con xente mellor vestida...

O Café "CASA BLANCA" era o café dos críos que querían ser homes.
En días considerados como festivos, aquélo era unha delicia entrar alí con tanto amiguete que iba para pasar un par de horas e logo meterse no cine coa súa pandilla ou a súa mociña, que se encontraba antre nós xogando a partida de parchís ou damas... O pasábamos todos moi ben, hasta que chegaba a hora do cine équedaba o local casi vacío. Aquéles tempos, eran tempos moi bonitos, de xuventude plena. Todos éramos de xente traballadora, no había, apenas da outra. Era un povo moi pequeno pero unido a nivel de xente moi nova. E recordaremos sempre con moito cariño aquél ambiente xuvenil que nos tocóu vivir. Eramos felices porque éramos moi novos cun futuro pouco prometedor. Moi poucos estudiaron carreira maior, a non ser que foran fillos de xente acomodada. Os outros, non tiñan moitas posibilidades, para triunfar na vida. Non había unha empresa que recollera a estos muchachos para que se pudera ganar a vida. Gracias a que naquél tempo, homes como meu amigo Eduardo Martinez Taboada (de Galerías Eduardo), Larsa é tamén Castrosúa, etc. saliron adiante... Daquéla algún de nós xa fumaba, para facerse home cánto antes... E todo era así... O fútbol do Arosa, no Campo da Lomba. Alí nos encontrábamos todos de novo é veña, a berrar con gritos de ¡Hala Arosa! repetido durante hora e media de fútbol, que duraba aquélo. Según o resultado a cara do espectador desde sempre, cambiaba. Si ganabas, sonreías, perdendo, non tanto. O empate sólo vale para os afligidos, porque non é nin sol, nin sombra... E nada máis. Este é como un homenaxe ao lugar de encontros e tamén a tantos mociños que nos encontrábamos no CASABLANCA. Desde os anos da II Guerra Mundial. Nunca vin unha pelea entre aquéles nenos, unha señal de que somos moi diferentes a outros que viñeron despóis. Para todos aquéles rapaces, un forte abrazo para todos éles. "Amigos para siempre", como decía aquéla cantarela da Olimpiada de Barcelona...
Excuso decir que desde este Café tíñamos a pouco máis de 100 metros o noso Muelle de Ferro con tantos recordos para todos nós. Hasta que alguén se lle ocurréu levalo para chatarra, no medio de tantas lágrimas de aquél povo, que xa non era nada, é menos, sin o noso Muelle. Decía certo poeta que andaba por Vilagarcía, que... "la vida es un oscurecer eterno".  É debe ser moi certo todo canto decía, porque... ¡xa chovéu!

Homenaxe meu a aquéles dos Cafés:
o de Poyán e tamén o "Casa Blanca".
Os dous, de Vilagarcía.                     

1 comentario:

  1. Eu tamén iba a este Café CASABLANCA. Era un café que iba xente nova. Non recordo o que costaba alí cada café, pero non podía ser moi caro cando o podíamos permitir. Recordo que nun par de anos, comenzóu a funcionar a PARQUE ROSALÍA DE CASTRO, que era un baile que costaba CINCO PESETAS cada un.Tiña unha pista de Verán é despóis fixeron unha bolera fóra desta pista. Como non tivo moito éxito, montóuse alí un salón de baile de Inverno. Non había outro no povo. E a xente quería disfrutar. Boas orquestas é o resto o poñíamos nós, que alegría había dabondo. Con ésos anos. 1950. EGG. 322015

    ResponderEliminar