jueves, 10 de enero de 2013

O CAFE DE POYÁN


                                     O Café de POYÁN

Non toda-las personas mayores de 50 anos saben que alí donde últimamente estivo o Banco Hispano Americano foi un café-café. Non lle faltaba nada, porque hasta tiña un grupo de músicos que amenizaban aquelo á hora do café e finalizaba ás cinco da tarde, máis ou menos. Ás tres da tarde, eu  con 13 anos iba a buscar un café cortado con gotas de Anís del Mono para o meu xefe, que era o meu maestro de tipografía. Falo do ano 1945. Desde o Café POYÁN levaba o servicio con bandexa e todo, hasta a Imprenta J. Paz, que estaba no número 31 é o lada do calexón. Ou sexa que a Relojería Garrido estaba por diante e a imprenta por detrás. Bueno, pois, o POYÁN tiña outra sesión de música polas tardes. Quizá comenzaba ás 7,30 para rematar dúas horas máis tarde. Eran catro músicos,  ou  cinco, si tiñan cantante, que non sempre era o caso.

Non recordo o que tiña que pagar por aquélo, pero presinto que non era gran cousa. Este café era o centro de reunión de matrimonios e parexas que iban ó abrigo antes de acercarse ó cine das oito. En algunha época de crisis, todo aquelo se veu abaixo e foi ocupado o local pola Ferretería de Celestino Silva Ruiz, que foi socio de Sobrino en unha Ferretería da Calle da Marina, a 50 metros de Calicó.  Era unha Ferretería montada para servir a clientes da Banda do Mar (enténdase Pobra, Ribeira e pobos máis pequenos da nosa Ría). Daquela estaba o Muelle de Ferro enfrente da entrada ao Muelle. Chamábase a Ferretería SOBRINO & SILVA. Alí traballou un hirmán meu moitos anos. Hasta que a sociedad se desfixo e cada un se puxo no seu, ou sexa independizáronse os dous socios.

Pero o Café POYÁN era un café clásico de aqueles tempos. Moito xogo nas mesas, Pero non creo que o consumo fora como para tirar foguetes. Digo eu. Era un café-bar grande para un pueblo moi pequeno como antes era Vilagarcía. O Central creo que comenzou máis tarde e estaba mellor porque estaba no medio de tres cines. e estaba montado de outro xeito á vista. Non sei si daquela xa era propiedade de Ramón Barca. Non podría aseguralo. Barca se fixo co Parque Rosalía Castro, con pista de baile para verán e inverno. Tamén houbo bolera. Tiñan un bar moi bo. Esto é todo canto podo decir do Café POYAN, frente ó Banco de La Coruña. (Non sei o nome da calle, o sinto). Vou vello...Para terminar direi que naqueles cafés de antes había moito fume de tabaco. E alí nadie abría ás ventás. Por culpa do frío, claro. Esto no inverno, claro.

Cousas de Eduardo
                                                        


No hay comentarios:

Publicar un comentario