jueves, 7 de febrero de 2013

O PARQUE DA PRAIA COMPOSTELA


                                         O PARQUE DA PLAYA COMPOSTELA

Recordo, sendo neno, que na pista do Parque da Praia Compostela, celebrábanse partidos de tenis entre aqueles
señoritos madrileños que se hospedaban en todo o Barrio da Prosperidade. Os rapaces da vila de aquéles anos
nin tíñamos, nin podíamos ter, a vestimenta clásica do tenista (como eles), nin a ferramenta necesaria para xogar.
Por eso, sempre tiñan a pista sempre para éles. Os nenos de aquí, nos limitábamos a mirar cómo eles xogaban, sin
entender gran cousa de todo o que íbamos vendo. Pero todo cambiou en pouco tempo...

Resulta que a Pista da Praia Compostela convirteuse en pouco tempo en Pista de Baile nos Domingos. Actuaban
Orquestas de certo atractivo e a xuventede tiña un medio máis para divertirse, a pesar de que todos sabemos que
no Verano, en Galicia hai centos de Parroquias que estaban en festa. Pero... O que faltaban eran os medios que
hoxe teñen os mozos de este tempo. Con todo esto, a Pista estaba sempre a reventar. Non recordo ben si o precio
eran 5 pesetas, ou por aí. Pero había que ter os cartos e non sempre se daban esos casos. Porque as familias eran
máis completas que agora. Si os vellos (?) non tiñan para cousas máis importantes, como o alimento, calzado,
roupa, ¿Cómo iban ter cartos para darllos a os seus fillos para ir ao baile?

Temos que poñerlle a estas letras un ano. 1948, 1949, 1950, 1951... En todos estos anos a xente non o pasaba
nada ben, porque os alimentos estaban racionados. O pan, fariña, pastas, aceite, chocolate, ¡TODO! Hasta o
tabaco de Picadura que había que facer os cigarrillos a man. Era tan difícil ver a unha persoa con sobrepeso,
como encontrarse con un fantasma na cama. Decía meu barbeiro da calle do Mercado e chamado Manolo
Carballo, ahí en Vilagarcía: "SI A FAME FORA MÚSICA, SERÍA IMPOSIBLE ANDAR POLA CALLE".
A xente se marchaba para non volver. E os que quedábamos, non estábamos moi seguros do noso futuro...
Os curas non daban feito, e eso que non había os problemas de hoxe, que faltan curas, como sabemos todos.
Sei de pais que empeñaron a súa casiña, para comprar Estreptomicina e así poder salvar un fillo da peste de
tuberculose que había en esos anos, e quedáronse sin fillo e sin casa... Triste historia vivida por mín, día a día,
porque eu facía de practicante sin título, para casos como este. Este home morreu en 1950. Eu nunca cobrei.
Non sei de dónde quitaba a xente certa alegría, porque aquelo era dramático. Non sei como as casas soportaban
tanta xente. Non había dónde poñer tanto neno. Xa non digamos, vestilos, calzalos, etc. Era raro unha casa sin
aquela enfermidade corrosiva. Os nenos, ó chegar a mozos, faltábanlle o necesario para dar o paso, que é
pasar de neno a home. ¡Que non volvan esos tempos! Pero entre a tixeira e o Paro, pode pasar de todo.  Unha
cousa é alimentar a un fillo-neno e outra, alimentar a un fillo-home. Ahí é dónde está o peligro...

Volvendo ó Parque da Praia Compostela, sería conveniente que se pensara un pouco en poñer eso de modo
que a xente que vai de Santiago á praia, o primeiro que mira ó chegar aí, é esa praia. Sempre se me quixan a
mín (como si eu fora o Alcalde de Arousa), de que todo eso, hasta a Praia da Concha, está sucia). De un
tempo a esta parte a xente de Santiago, viaxa a Boiro, Pobra, Ribeira, Noia, Portosín, Porto do Son, Muros
e unha chea de praias que os de aí non víchedes nunca, porque, para vos non sería rentable, andar 150 kms.
para ir a bañarse, únicamente. Nadie de aquí pensa en ir ás praias da Coruña, Riazor, Orzán, porque tendes
cousas parecidas. Sin embargo, un fillo meu vai a Ribeira e emplea uns 160 kms, para ir e vir. Nunca se
queixa da praia. Quizá porque a auga está fría. Claro, alá por Sálvora... Sabemos todos que os povos da
provincia da Coruña ten praias. Fisterra, Callón, Carnota, Cée, Esteiro, Queiruga, Rianxo, Taragoña e non
sigo, para non para non facer interminable a lista. Referíndome a ese Parque, si éste esta mal e a praia igual
ou peor, estamos listos. Polo menos, que os bañistas se queden ao ir, ou vir, na Compostela.

                             
"Cando no mar me chapuce,
nadando xunto a Corneira;
que non me falen de nadia,
que a miña groria, é aquela"...









No hay comentarios:

Publicar un comentario