miércoles, 12 de diciembre de 2012

O miragre do Faiado da Memoria

 
 
A culpa de que eu estea escribindo esta crónica a día de hoxe a ten a filla de Tucho Rey Varela, que me faluo acerca do FAIADO DA MEMORIA coa a pasión lóxica de unha persoa que considera como algo seu unha obra tan magnífica coma esta que nos ocupa. Me falou de que seu pai estaba "enganchado" na mesma e mirando, mirando, localicei ao noso areciado Tucho, que foi xenro da señora Sofía. Unha muller que tiña unha tenda na Praza do Obelisco (esquina). Creo que o seu sogro se chamaba Roque e tiña un fillo co mesmo nome, ignoro se vive, porque a estas idades é perigoso preguntar por xente que está nesta idade que nin é de eiquí nin é de alá, coma a canción de Julio Iglesias. Claro que o meu desexo é o primeiro, que sexa de aquí.


Creo recordar que o sogro de Tucho (Roque) era un traballador de Simeón, se a miña memoria non me falla. Era moi boa persoa. O mesmo que a súa muller. Cerca da súa tenda había un kiosko para vender churros e caramelos, propiedade do pai de Serafín "O Pirulero". Era un caseto de madeira no que o máis importante eran os churros que facían en forma circular para cortar, despois de feitos, ao gusto do cliente. Moi rico, sí señor. E tamén patatas fritas. Rico, rico, rico.

Deixo para o final as catro persoas que figuran na festa de Santa Eulalia, na Laxe, son: Rogelito, Jaime (viajante da Droguería Llovo), Guillermo Casás e un servidor, Eduardo.

Creo que os tres amigos que me acompañan na foto, non están entre nós desde hai moitos anos. Que Deus os teña cerca de sí, porque todos eran moi bós...

Na foto presente figuran a avoa Balvanera, os seus netos de Santiago, Mª Luisa e Eduardo, máis o seu fillo Eduardo e a súa dona María Luisa, na festa do polbo do 25 de xullo de 1969.

No hay comentarios:

Publicar un comentario