miércoles, 12 de diciembre de 2012

O patrón da imprenta do ano 1956

 
Nesta foto aparecen o señor Diéguez Patiño, Domingo Baños, Antonio González e Eduardo García, para celebrar o día do patrón das Artes Gráficas.
 
Reuníronse as imprentas Celta e Quintáns, as dúas ubicadas no centro da cidade arousana. Foi un día grande, porque non é fácil xuntar a empresas da competencia para celebrar, unha vez ao ano, un día tan grande como o 6 de maio de cada ano, en homenaxe
a San Juan Ante Portam Latinam.
 
Para min foi un día de despedida porque días máis tarde tiven que abandonar a miña terra para vir a traballar á cidade do Apóstolo. Van alá 56 anos de esta aventura.
 
Da imprenta Celta me vin para Santiago deixando tras de min todo canto tiña: familia, amigos e unha empresa que sempre quixen moito, e non a olvidarei nunca: A empresa de Don Severino González Lazán.
 
Moitas grazas a esta familia polo trato recibido, e en especial ao meu amigo Antonio Gaspar. (Q.E.P.D)

No hay comentarios:

Publicar un comentario