miércoles, 12 de diciembre de 2012

Santa Eulalia na Laxe 1952

 
Sempre me acordo da festa da patrona do meu povo a pesares de ser case sempre un día de inverno. Ese día que celebramos era na Laxe, un bario que naquel tempo non tiña moito futuro. Solo a pedra que saía daquelas canteiras era o pan noso de cada día para aquel barrio tan apartado do povo. Era un barrio olvidado para moita xente. E creo que desde que o automóbil se puxo ao alcance do traballador, a nadie se lle ocurría ir a esta zona a pé, quizais porque naqueles tempos xa comezaban a asomar por aí grupos de xitanos que logo, anos despois, formaban un grupo máis numeroso que se extendeu a Cornazo de Arriba. Como salín de Vilagarcía en 1956, xa non puiden ter outros datos acerca deste asunto. Vivín en Cornazo unha chea de anos e daquela non era un problema. Tiña na Laxe a varios veciños amigos como a familia de Enrique Mesejo. Tamén teño que acordarme de Reiriz, un home cego que perdeu a vista dun modo accidental con cal viva. Pasados uns anos vin que tiña un kiosko próximo á Praza de Abastos. Non sei si vive. Pero teño un gran recordo da súa persoa, cantaba moi ben e tocaba a guitarra como os do trío de "Los Panchos". Fenómeno. Nos anos 50 xa estaba cego. Casou cunha moza moi xeitosa, eran o mellor da Laxe.


Para rematar direi que as calles das grandes capitales europeas estaban adoquinadas con ese material que arrincaban das entrañas das canteiras do lugar. Un produto de primeira calidade para as calles de París e outras moitas cidades.

Na foto se aprecia que o día non foi tan malo, a pesares de estar en decembro porque a xente se ve moi contenta. Era unha verbena de moito xeito. Se non iban mulleres á festa esto terminaba sen pena nin gloria. Non bailaba nadie ou case nadie... Non entendo como se puxo como patrona de meu povo a Santa Eulalia cando na Laxe non ten nin igrexa parroquial, non sei se agora... Polo menos que non fora no inverno puro.

Espero que recoñezades a eses mozos, eu era un deles. ¿E os outros? Solo direi que a nosa pandilla era única. Faltan algúns. ¡Que tempos aqueles! A festa solo estaba na taberna. Por eso se ve que a climatoloxía non inflúe no ánimo dos festeiros...

No hay comentarios:

Publicar un comentario