lunes, 17 de diciembre de 2012

DE PASEO POLO MUELLE DAS ÁNCORAS



                         DE PASEO POLO MUELLE DAS ÁNCORAS
                                         
Sempre que viaxo a Vilagarcía me gusta pasear por donde o facía antes da construcción do novo muelle. Antes, andaba polo outro de ferro e me sentía moi feliz. Aquelo tiña moita vida para un home coma mín. Reconozco que non se pode ter algo así como si fora o Pórtico da Gloria, por exemplo. Esas cousas teñen un tempo de caducidad igual que os alimentos. Pero era unha gloria disfrutar de algo único en España, ou quizá do mundo. A pena foi que cando se meteu o "cáncer" do ferro as cousas empezaron a poñerse feas. O mal tempo axudou a retiralo da circulación. Foi unha gran obra de inxenería, creo que dos ingleses. Porque en aquél tempo este país, non estaba para moitas cousas, como sabemos todos.

Agora non vexo tanta xente como antes  con canas de pescar. Pola noite, non sei.

Eu conocín a un home que se ganaba a vida pescando múxeles, uo robalizas. Se notaba a diferencia que había entre este home e os outros.

Non sei si era polo cebo ou o lugar que escollía, ademáis da hora. Pero sempre traía o cesto cheo.
Se chamaba Pepe "O Campuno". Seguro que morreu, porque eu era un neno e él xa andaba polos trinta e pico.,.. Pero era un fenómeno.

Para él todo era sencillo. No muelle de Ferro.
 
 
Cando nós collíamos catro peixes, ou por aí, él xa tiña dez ou máis. Gracias, Pepe.
Alá donde estés pensa que sempre che admirei polo traballo que facías. Van alá uns 66 anos e sempre che teño presente. Para ti nunca había problemas coa pesca. Que si as miñocas, que si a marea, que si o frío ou calor. Ti sempre co cesto cheo...

 Cousas de Eduardo          Sucedeu no ano 1946         EGG.       Escrito en 2012

                                                   



         



 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario