miércoles, 12 de diciembre de 2012

Un partido do Arousa 1959 (?)

 
 
Desde meus anos mozos fun socio do Arosa, hasta que cambiei o mar pola terra. Hasta ése intre eu era moi feliz no Campo da Lomba. Había equipo de sobra para darnos satisfaccións aos aficionados. Cando terminaba aquelo, había unha marea humana que viña á vila a tomar un "chanqueiro" e ir ao cine. Era a vida de entonces, non había outra.

Na foto que poñemos hai dous futbolistas de aquél tempo. Un, de sobra coñecido. Se trata de Tatá, nacido no centro de Vilagarcía de Arousa. Un home con unha clase fabulosa. O outro é un xogador santiagués chamado Enrique Carretero. Foi un home moy preparado físicamente, rápido e contundente, como tiña que ser. Despois dos futbolistas están (creo que se chama Mera). Foi amigo do meu irmán Pololo, Petelas, Quintáns... e traballaba na Ferretería Silva, de contable.

Debo expoñer aquí os futbolistas máis axeitados a o mundo futbolístico de aquél tempo. Alcalde, Castellanos, Ferrón, Valiño(2) hermanos, Millán, López-Vázquez, Chiarroni(3), Farruco, Machicha, Cochecho, Papanta, Xiada, Paqueras, Juan Gómez, Ventura, Nolito, Leví, Cayó, Tourón, Besada, Ramírez, Palomares, o defensa de Padrón, Buela, Outeiral, San Miguel e moitos outros que non podo recordar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario