miércoles, 12 de diciembre de 2012

Illa de Arousa. Terra do polbo



Dende hai moitos anos, sendo eu un crio pequeno, meu pai iba con certa frecuencia a traballar á Isla de Arousa, como cobrador a domicilio do Banco de La Coruña, donde exercía desde había unha chea de anos. Alí compraba o pulpo que poñían a secar os mariñeiros. Cheiraba moito. Pero, unha vez cocido estaba moi ben. E en aquél tempo, nadie se queixaba do pulpo seco. Rico, rico, e con unha xarra de viño tinto, moito mellor. Eran tempos dos anos coarenta para arriba. Quizá polo 1942, ou por haí...

A última vez que estuven pola Isla vin algo de pulpo a secar e recordei vellos tempos. Eran uns tempos que a xente estaba tipo fino, sin usar as dietas de agora. A os nenos nos daban aceite de fígado de bacallao para medrar fortes, cando non había pan na mesa, por estar racionado, e así hasta o ano 1952, aprox. que desapareceron para sempre as Cartillas de Racionamento, por cupons.
Hasta o tabaco estaba racionado. Non digamos o pan que se facía con fariña que viña en barcos, desde a República Argentina. Era unha fariña moi amarilla e a xente bautizou este pan como PAN DE OVO, sólo polo seu colorido.

Os artículos de comestibles adquiríanse, previo os cupóns, nun ultramarinos que había na Baldosa donde estuvo a Taberna de Mingos (ao lado do Bar "El Bodegón" (a taberna do Loro). O Ultramarinos chamábase "El 2 de Mayo". Debía ser o número 37 da Rúa Héroes del Alcázar. O 39 era unha Peluquería (a mellor do pueblo), e como final estaba o Hospedaje Pedreira, un home que estaba unido á Falange, ou Frente de Juventudes o número da casa sería o 41. A barbería non sei si se chamaba Campos (?). O Bar "A Palomita" era o 33. Antes viña a Imprenta Paz, e antes había un negocio de Corsetería "La Oriental". Despois este negocio compróuno un home que nunca quixo ler a Miguel de Cervantes, chamábanlle "Nogüegues" e dedicóuno a Calzados. Antes de esto estaba Luis Pintor con artículos de electricidad. O primeiro era Pérez Hnos. dedicado a telas para traxes, etc
Eu traballei de neno no número 31, como aprendiz de imprenta. No calexón estaba o Colexio de Requejo, no primeiro piso. Debaixo había unha Mercería de pouca monta... Enfrente da imprenta, estaban os Almacenes Borruel, de Tejidos e así...

Como final direi que o meu vello e todos nós, o pasamos moi ben na Isla, tomando aquelas viandas tan ricas e creo recordar que non fixo falta que nos truxeran o postre. Con eso o dixen todo. O peor foron as despedidas.Meu pai quedou en Bamio e nós seguimos a Compostela. Houbo algún día máis pero non foi na Isla, foi en Cambados. Pero penso no pouco tempo que dedicamos ós nosos vellos. Esa tristura que teñen sempre nos ollos, esa soidade que acaban con eles. Moita Residencia pero para os vellos eso é unha cárcere, a veces con barrotes e todo. Me gustaría que foran máis felices. Para catro días que lles faltan...
Meu pai foise para a súa Residencia de Rubiáns con 88 anos de idade. D.E.P. Vello García.

No hay comentarios:

Publicar un comentario