miércoles, 12 de diciembre de 2012

O muelle de ferro anos 1940/50

 
 
En estos tempos noso querido Muelle de Ferro xa estaba un pouco deteriorado polo efecto invernal que alí azotaba moito. Era moi difícil poñerse a andar un traiecto de uns catrocentos metros ou mais (?) por aqueles tablóns que facían de suelo cando non faltaba algún e a cousa era la mar de complicada. Outras veces, cando a polilla facía das súas unha colilla podía ocasionar un incendio de certas proporcións, si contamos que en aquél tempo os bombeiros tiñan que vir de Pontevedra ou Santiago, por citar dúas cidades máis proximas con servicio contra-Incendios.

Hai que pensar que moita xente da "Banda do Mar" tiña como servicio único vir a Vilagarcía para facer compras, ou calquer outro servizo que non tiñan na zona de Riveira, Pobra e villas do seu entorno, incluíndo a Isla de Arousa. Cando había temporal os vapores non saían do muelle por temor a un posible accidente. Daquela había que coller un coche de alquiler (así lle chamaban a os taxis), e tiñan que ir por Padrón, porque a Ponte de Catoira non se acabou hasta uns anos despois, Quizá por 1960 (ou máis).

En este muelle aprendín a pescar con liña desde o mismo vapor da Pobra, co permiso do home que era o que máis mandaba e chamábase José Outeiral Naveiro. Alí empezamos toda a pandilla a fumar tabaco de todo tipo. portugués, inglés, rubio ou moreno, tanto tiña. O tabaco non nos costaba nada porque alguien da pandilla tiña na familia un negocio de estraperlo de tabaco. E todos os do grupo nos beneficiábamos do asunto. Penso que tiñamos menos de catorce anos. A pesca era o de menos. Sólo pescábamos fanecas, lorchos e vellos. Non collíamos máis de unha ducia de peixes cada un, porque o noso era fumar con xeito. Outro día escribirei mmáis sobre o Muelle.

Foto escaneada do libro "Vilagarcía y el mar" de Marcelino Abuín Duro. Unha edición excelente que recomendo a todos os interesados na historia de Vilagarcía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario